lunes, 23 de marzo de 2009

Pasatenpos


La ciudad de la oscuridad

Jeanne Duprau  - Serie Los libros de Ember, 1 - Ed. Roca - Colección. Roca Junior - A partir de 12 anos

Sinopse: Sempre é de noite en As Ascuas. A cidade foi construída baixo terra e as únicas luces que a iluminan doce horas ao día proveñen dos farois. Máis alá da cidade se atopan as Rexións descoñecidas, que ninguén explorou aínda. As

 xentes de As Ascuas viviron confortablemente durante douscentos cincuenta anos, mentres os seus comercios estiveron ben abastecidos. Pero chega un día en que pouco a pouco, deixan de estalo; e para colmo as luces dos farois e todos os focos empezan a pestanexar. Todos se preguntan que pasará cando o xerador central, que funciona grazas a un río subterráneo, se estrague de todo

Bacoriño

Antonio Reigosa; Andrés Meixide (il.): Xerais, Colección Merlín. 2004 [De 11 a 14 anos]

Sinopse: Bacoriño non é un porco normal. A diferencia dos seus conxéneres este porquiño sabe falar, discorrer e tomar decisións. É por iso que quere cambiar o seu destino, o que lle ten marcada a tradición no 17 de Xaneiro, día de San Antón Lacoeiro, e fuxir dosmatachíns que o esperan para cumplir coa tradición de sacrificalo e convertelo en chourizos. Para librarse, Bacoriño correrá unha serie de desternillantes aventuras.

Unha novela chea de retranca e humor onde se incide nalgúns dos aspectos máis importantes da tradición galega. As ilustracións de Andrés Meixide acentúan o ton grotesco da narración.



 


No hay comentarios:

Publicar un comentario